welcome to the LINCOM webshop - bienvenue sur LINCOM boutique en ligne - willkommen zum LINCOM webshop - bienvenido a la tienda en linea de LINCOM
Aitor Rivas
Universidade Federal de Viçosa
O traballo que desenvolve Aitor Rivas neste libro céntrase na análise quinésica da gravación en vídeo dun relato dun narrador semi-profesional. Trátase dun monólogo onde o narrador conta unha historia persoal. O autor estabelece un sistema de transcrición e de quinegrafías propio que lle serven para describir e analizar os principais trazos quinésicos do narrador. Aitor Rivas preséntanos un traballo analítico e interpretativo do comportamento non verbal nunha situación real de comunicación, analizando a relación existente entre os niveis paralingüístico, quinésico e lingüístico do narrador a través de doce fragmentos escollidos pola súa riqueza xestual. Finalmente, o autor presenta as conclusións da súa investigación.
Aitor Rivas naceu en Vigo en 1979. É licenciado en Filoloxía galega pola Universidade de Vigo e ten un mestrado en Contacto lingüístico e sociolingüística galega na mesma universidade. As súas investigacións están relacionadas coa comunicación non verbal, especialmente coa descrición e análise quinésica de narracións orais e co humor. Nos últimos quince anos traballou como profesor de lingua galega e castelá en escolas e universidades de Galiza, Alemaña, Cataluña, Rusia e Brasil. Alén diso, é un gran viaxeiro, xogador de billarda e casteller de Sants.
ISBN 9783862886340. LINCOM Studies in Communication 11. 146pp. 2015.